1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Instituto Enerxético de Galicia (Inega).
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Instituto Enerxético de Galicia (Inega).
2º. Enderezo: rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.
4º. Teléfono: 981 54 15 02.
5º. Fax: 981 54 15 15.
6º. Correo electrónico: inega.llicitación@xunta.gal.
7º. Enderezo da internet no perfil do contratante:
http://www.inega.gal/inega/perfilcontratante.html
Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http:/www.xunta.gal e na páxina web http://www.inega.gal.
8º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
d) Número de expediente: CA/SU/01/17.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: subministración mediante a modalidade de renting, de tres (3) vehículos para o Instituto Enerxético de Galicia-Inega.
c) Lugar de execución: Santiago de Compostela.
d) Prazo de execución: 48 meses desde a data da sinatura da acta de entrega dos vehículos.
e) Admisión de prórroga: si, por períodos anuais, por un máximo de 24 meses.
f) CPV (referencia nomenclatura): 34000000.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do PCAP.
4. Valor estimado do contrato: o valor estimado do contrato incluídas as posibles prórrogas ascende a 91.050,54 euros.
5. Orzamento base de licitación.
Segundo o establecido na cláusula C da folla de especificacións do PCAP.
6. Garantías exixidas.
Provisoria: non se exixe.
Definitiva (%): 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberá acreditarse nos termos sinalados nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais, que se contarán desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia (DOG).
b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego. O procedemento é documentalmente simplificado en relación coa documentación que se vai presentar no sobre A.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Instituto Enerxético de Galicia (Inega), no seu rexistro e nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas).
2º. Enderezo: rúa Avelino Pousa Antelo nº 5.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15707.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ata o prazo máximo de resolución do expediente.
9. Apertura de ofertas.
a) Descrición: segundo o establecido na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).
b) Enderezo: Instituto Enerxético de Galicia na rúa Avelino Pousa Antelo nº 5.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15707.
d) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B publicarase no perfil do contratante.
10. Gatos de publicidade: por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.
11. Outras informacións.
a) Poderán obterse os pregos na páxina:
http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=181305
b) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A e B, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2017
Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia