Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 3 de agosto de 2017 Páx. 36747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2017, da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, pola que se anuncia a ampliación do prazo de presentación de proposicións da contratación suxeita a regulación harmonizada por este organismo, de técnicas de terapia respiratoria a domicilio (expediente AB-SER4-17-002).

En relación coa convocatoria publicada no DOUE 2017/S 134-274600 do 15 de xullo de 2017, pola que se publicou a contratación suxeita a regulación harmonizada polo Servizo Galego de Saúde de técnicas de terapia respiratoria a domicilio, acórdase que o prazo de presentación de proposicións se amplíe ata o día 4 de setembro de 2017.

A apertura do sobre B terá lugar o décimo primeiro día natural contado desde o seguinte ao de finalización de presentación das ofertas, ás 10.00 horas, na sala 2.2-2.3 do Edificio Administrativo de San Lázaro.

Permanecen inalterados o resto dos aspectos detallados no anuncio orixinario, todo isto de conformidade co artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2017

O presidente do Servizo Galego de Saúde
P.D. (Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, Orde do 5.7.2012)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Xerente do Servizo Galego de Saúde