Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 3 de agosto de 2017 Páx. 36729

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribadeo (expediente IN407A 2017/59-2, 8531 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310 do 27 de decembro), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310 do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Belén Prado López.

Domicilio social: A Lagoa, s/n, Rinlo (Ribadeo).

Denominación: LMT, CT e RBT na Lagoa, Rinlo.

Situación: concello de Ribadeo.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV cunha lonxitude de 60 m, con orixe no apoio existente nº 3 da LMT 20 kV Ribadeo 1, condutor tipo LA-56 e final no apoio metálico proxectado nº 1 fin de liña CTI.

2. Centro de transformación intemperie sobre apoio metálico proxectado, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20 kV/400-230 V.

3. Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 280 m, con orixe no CT proxectado, condutor tipo RZ, sobre 6 apoios tipo HV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 11 de xullo de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo