Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 3 de agosto de 2017 Páx. 36756

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de corrección de erros, información adicional e ampliación de prazos de presentación de ofertas no procedemento de licitación do contrato de prestación do servizo de punto limpo, recollida e compra de papel-cartón e recollida de aveños voluminosos do Concello de Oroso.

O alcalde mediante Resolución da Alcaldía número 737/2017 do 23.7.2017 aprobou unha rectificación de erros e inclusión de información adicional no prego de cláusulas administrativas do contrato de prestación do servizo de punto limpo, recollida e compra de papel-cartón e recollida de aveños voluminosos do Concello de Oroso aprobado polo Decreto nº 600/2017, de data 14 de xuño de 2017.

Así mesmo, na referida resolución da alcaldía amplíase o prazo de presentación de ofertas en 20 días naturais contados desde a data de envío da rectificación ao DOUE (data de envío 24.7.2017).

As modificacións poden consultarse na seguinte ligazón no perfil do contratante do Concello de Oroso:

https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=177471

Oroso, 24 de xullo de 2017

Manuel Miras Franqueira
Alcalde