Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 36971

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 27 de xullo de 2017 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 8 de marzo do 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2017 e 2018 (código de procedemento TR301V).

A Orde do 8 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2017 e 2018 (código de procedemento TR301V) (DOG núm. 57, do 22 de marzo de 2017) establece na exposición de motivos que se poderá ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento do crédito estará condicionado á declaración da súa dispoñibilidade como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

No artigo 2.5 establécese que se poderá ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento do crédito estará condicionado á declaración da súa dispoñibilidade como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

En consecuencia, ao existiren outras incorporacións de crédito que poden ser utilizadas para os mesmos fins como consecuencia da existencia de créditos incorporados, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da referida Orde do 8 de marzo de 2017, coa finalidade de ampliar a subvención ao maior número de beneficiarios posibles.

Por todo o exposto, no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Artigo primeiro

Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 8 de marzo de 2017, nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias, con créditos incorporados procedentes de fondos finalistas da mesma aplicación e proxecto que o crédito inicial:

Aplicación

Proxecto

Importe (€)

Inicial

2017

2018

09.41.323A.480.0

2013 00545

4.642.080,00

2.321.040,00

Ampliación

09.41.323A.480.0

2013 00545

2.000.000,00

-

Total

09.41.323A.480.0

2013 00545

6.642.080,00

2.321.040,00

Artigo segundo

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria