Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 36987

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se revoga a delegación das competencias e atribucións propias da dirección xeral na persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

Con data do 24 de abril de 2017 publícase no número 78 do Diario Oficial de Galicia a Resolución do 21 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se delegan as competencias e atribucións propias da dirección xeral na persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

Finalizada a causa que a motivou, cómpre recuperar o exercicio das competencias propias atribuídas polo Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e proceder á revogación da dita delegación.

Na súa virtude, de conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, así como no artigo 6 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Revogar a delegación de competencias atribuídas á persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, en virtude da Resolución do 21 de abril de 2017 pola que se delegan as competencias e atribucións propias da dirección xeral na persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

Segundo. A resolución de revogación publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2017

Fabiola García Martínez
Directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade