Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 36998

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (441/2016).

Peza: recurso de apelación (LACN) 441/2016

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Arzúa

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 213/2015

Recorrido: José Iglesias Ligero

Eu, Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá se ditou sentenza o 20 de maio de 2017, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«No recurso de apelación civil número 441/2016, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Arzúa, en xuízo ordinario número 213/2015, seguido entre partes, como apelante, Vicente Salgado Iglesias e Fabiana Salgado Varela, representados pola procuradora Sra. González Morán, e como apelado: José Iglesias Ligero, (rebelde). É relator Julio Tasende Calvo».

«Revogando a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Arzúa no xuízo ordinario número 213/2015 e estimando parcialmente a demanda interposta pola representación procesual de Vicente Salgado Iglesias e Fabiana Salgado Varela contra José Iglesias Ligero, debemos declarar e declaramos a nulidade da institución de herdeiro de Manuel Salgado Iglesias, contida no testamento outorgado o 21 de febreiro de 1962 por Felisa Iglesias Ligero, e absolvemos o demandado dos demais pedimentos formulados na demanda, sen facer especial imposición das custas procesuais causadas en ambas as instancias».

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG), co obxecto de notificar á parte declarada en rebeldía, José Iglesias Ligero, expido e asino este edicto. Dou fe.

A Coruña, 5 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza