Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 37000

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza e de aclaración (531/2016).

María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense.

Anuncio:

Que no presente procedemento ordinario 531/2016, seguido por instancia de Judit Domínguez Fernández contra Ahmed Yahiaoui, foi ditada sentenza e posterior aclaración, cuxos teores literais extractados son os seguintes:

«Sentenza extinción patria potestade.

Sentenza número 345/2017.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

Ourense, 29 de marzo de 2017.

Vistos os presentes autos número 531/2016 sobre extinción da patria potestade, promovidos polo procurador Sr. Enríquez en nome e representacións de Judith Domínguez Fernández e baixo a dirección letrada da Sra. Gil contra Ahmen Yahiaoui, que foi declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Parte dispositiva.

Estimo a demanda presentada polo procurador Sr. Enríquez en nome e representación de Judith Domínguez Fernández contra Ahmen Yahiaoui, e acordo extinguir a patria potestade de Ahmen Yahiaoui en relación cos menores A. Y. D. e I. Y. D.

Firme que sexa a presente resolución, mándense os oficios pertinentes ao Rexistro Civil. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que a presente resolución non é firme e que contra ela cabe interpor, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. da LAC) ante este xulgado.

Así o acorda, manda e asina S.S.ª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a».

Auto do tribunal que resolve a solicitude de aclaración da resolución xudicial número 345/2017.

«Auto.

Xuíza/maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

Ourense, 17 de abril de 2017.

Parte dispositiva.

Acordo:

Acordo aclarar a sentenza número 345/2017, do 29 de marzo de 2017, e onde di: «... A.Y. D. e I.Y.D. ...», debe dicir: «...A. D. Y. e I. D. Y. ...».

Modo de impugnación: contra esta resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se for o caso, contra a resolución que aquí se aclara/adiciona.

Así o acorda e asina S.S ª.; dou fe.

A maxistrada xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

E encontrándose o devandito demandado, Ahmed Yahiaoui, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 17 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza