Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 37004

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (734/2016).

PO procedemento ordinario 734/2016

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandantes: Fundación Laboral de la Construcción

Avogado: Adrián Núñez Fernández

Demandada: Intersteel Structures, S.L.

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 734/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Intersteel Structures, S.L. sobre ordinario, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que debo admitir e admito a demanda que en materia de cantidade foi interposta pola Fundación Laboral da Construcción, contra a entidade Intersteel Structures, S.A. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Intersteel Structures, S.A. a que aboe á demandante a cantidade de 120,34 euros, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 euros. Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpor recurso.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Intersteel Structures, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza