Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 7 de agosto de 2017 Páx. 37928

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2017041AL-PO, por infracción en materia de seguridade alimentaria.

Con data do 28 de xuño de 2017, o instrutor do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador núm. 2017041AL-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Disalsa Alimentación, S.L. con CIF: B94093416.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte ao artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que, mediante esta cédula, notifícaselle a Disalsa Alimentación, S.L., o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para que teña coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43-1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada a súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 20 de xullo de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2017041AL-PO .

Denunciado: Disalsa Alimentación, S.L. con CIF: B94093416.

Último enderezo coñecido: polígono industrial de Sete Pías parcela 17, nave 2, do concello de Cambados.

Feito imputado: supostas infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

1. O primeiro feito que se lle imputa, o incumprimento do seu sistema de autocontrol, incumpre o artigo 5 do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

2. O segundo feito que se lle imputa, a falta de control na recepción e almacenamento de produtos alimenticios con deficiencias na rastrexabilidade e con datas de consumo preferente superadas, incumpre os artigos 14, 17 e 18 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria (sobre a responsabilidade dos operadores de empresas alimentarias e rastrexabilidade). E o artigo 5 do Regulamento (CE) núm. 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Tipificación: dúas infraccións administrativas tipificadas como leves no artigo 51 punto 1 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: catro mil euros (4.000 €).