Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 7 de agosto de 2017 Páx. 37966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación mediante procedemento aberto multicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado e tramitación ordinaria, para a subministración de ventiladores neonatais con destino ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e ao Hospital Teresa Herrera da Coruña, polo procedemiento aberto e documentalmente simplificado, cofinanciada nun 80 % pola Unión Europea, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9, prioridade de investimento 9.7, obxectivo específico 9.7.1 e actuación 9.7.1.1 (expediente AB-SER2-17-005 - lote único).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Montaxe e Equipamento.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Montaxe e Equipamento.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfonos: 881 54 27 66/881 54 27 68.

5º. Telefax: 881 54 86 11.

6º. Data límite de obtención de documentos e información: o último día do prazo de presentación de ofertas.

7º. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-SER2-17-005.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de ventiladores neonatais con destino ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e ao Hospital Teresa Herrera da Coruña.

c) División por lotes e número: lote único.

d) Lugar de entrega da subministración: Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, Hospital Clínico Universitario de Santiago e Hospital Teresa Herrera da Coruña.

e) Prazo máximo de entrega: vinte días naturais desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada na pluralidade de criterios.

4. Valor estimado do contrato: 124.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

Orzamento sen IVE: 124.000,00 €.

Orzamento con IVE: 150.040,00 €.

6. Garantías.

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Si o último día de presentación coincide en sábado ou día inhábil na localidade de presentación das ofertas, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

f) Admisión de ofertas conxuntas: non se admiten.

g) Outras informacións: toda información relativa ao expediente se fará pública na páxina web que se cita neste anuncio.

9. Apertura das proposicións: a data, hora e lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C (acto público) publicarase no perfil do contratante www.sergas.es

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo está indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2017

A directora xeral de Recursos Económicos
Por delegación de sinatura (Acordo do 3.7.2017)
Cristina Enjamio Cabado
Subdirectora xeral de Investimentos