Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 7 de agosto de 2017 Páx. 37909

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Confederación Intersindical Galega (CIG), depositada co número 72-211-1990.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, acordouse depositar con data do 30 de xuño de 2017 a modificación de diversos artigos dos seus estatutos.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ambito profesional: poderán afiliarse todos os traballadores e todas as traballadoras de Galicia, independentemente da súa situación laboral como activos/as, parados/as, xubilados/as ou pensionistas.

Asinantes: Paulo Carril Vázquez (secretario xeral).

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego