Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 7 de agosto de 2017 Páx. 37933

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 4334/2017 interposto por Unións Agrarias (UPA).

A Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias recibiu oficio da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, mediante o que, unha vez admitido a trámite o recurso contencioso-administrativo PO 4334/2017 interposto por Unións Agrarias (UPA) contra a Orde da Consellería do Medio Rural do 3 de abril de 2017 pola que se convocan eleccións e se ditan normas para a renovación dos órganos de goberno de determinados consellos reguladores do ámbito agroalimentario, solicita a remisión do expediente administrativo e o emprazamento aos posibles interesados.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se lles empraza para que poidan comparecer como parte nos autos, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 días (nove), contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2017

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias