Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 7 de agosto de 2017 Páx. 37892

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (555/2017).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 555/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuela Teijeiro Campelo contra Taberna El Gallinero, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Manuela Teijeiro Campelo, contra a entidade Taberna El Gallinero, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto o 9 de maio de 2017, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data da presente resolución (12.7.2017), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Taberna El Gallinero, S.L., ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 11.992,39 euros e, por salarios de tramitación, a razón de 2.669,61 euros.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Taberna El Gallinero, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza