Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2017 Páx. 38145

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 28 de xullo de 2017 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convocan a concurso público prazas de profesor contratado doutor.

Publicada a oferta de emprego público para o ano 2017, por Resolución do 7 de xuño de 2017.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), na Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), da Xunta de Galicia, e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro), na Normativa pola que se regula o procedemento para a selección de profesorado contratado doutor, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 30 de abril de 2014, esta reitoría fai público que por Resolución do 28 de xullo de 2017 se convoca un concurso para a provisión de 6 prazas de profesor contratado doutor.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro electrónico oficial da UDC e na páxina web:

http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de xullo de 2017

Julio Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña