Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2017 Páx. 38386

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 140, do 24 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo, en execución das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditadas nos procedementos ordinarios 77/2015, 197/2015 e 198/2015.

O tribunal nomeado pola Orde do 13 de febreiro de 2014 (DOG núm. 37, do 24 de febreiro), modificada pola Orde do 19 de marzo de 2014 (DOG núm. 116, do 20 de xuño) e pola Orde do 15 de xuño de 2017 (DOG núm. 61, do 28 de marzo), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo), en sesión do 3 de agosto de 2017, e en execución das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditadas nos procedementos ordinarios 77/2015, 197/2015 e 198/2015, acordou:

Primeiro. Convocar para a realización do segundo exercicio ás persoas aspirantes que se relacionan no anexo.

Segundo. O segundo exercicio terá lugar o 1 de setembro de 2017, na Escola Galega de Administración Pública, na rúa de Madrid, nº 2-4, Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.

Terceiro. As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal e de bolígrafo de tinta de cor azul.

Cuarto. Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento do que se poidan valer os aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2017

Guillermo Acebal Lucia
Presidente do tribunal

Anexo

Promoción interna.

NIF

Apelidos e nome

46900689D

Vázquez Barros, Estefanía

Base I.1.2.

NIF

Apelidos e nome

53162034H

López Suárez, Marcos

Acceso libre.

NIF

Apelidos e nome

76575347K

Nogueiro Sotelo, Ana María

47362567R

Sánchez Valiño, Iván

32763513J

Aguiar Paz, Ana María

36054479R

Comesaña Alonso, Carmen

44823261X

Cruz Raña, Sandra

44835958B

García Souto, Beatriz