Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2017 Páx. 38410

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso administrativo PO 192/2017, interposto por José Iván Neo Quintáns.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que solicita o expediente relativo ao recurso contencioso-administrativo PO 192/2017, interposto por José Iván Neo Quintáns contra a resolución do conselleiro de Facenda da Xunta de Galicia do 12 de maio de 2017, que desestima o recurso de alzada formulado polo interesado e contra a Resolución do 3 de marzo de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública