Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38608

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (266/2016).

PO procedemento ordinario 266/2016

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Rogelio Vigo Castro

Demandados: Lineanorte Multiservicios, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial)

Avogado/a: letrado de Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada o día, no proceso seguido por instancia de Rogelio Vigo Castro contra Lineanorte Multiservicios, S.L., rexistrado co número 266/2016, acordouse citar Lineanorte Multiservicios, S.L. en ignorado paradoiro, a fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, 15707 o día 12.9.2017 ás 10.50 e 10.55 horas para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, aos cales pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten ao seu dispor na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta, e demais resolucións e documentos que constan no procedemento.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Lineanorte Multiservicios, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza