Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38567

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a listaxe definitiva de centros admitidos no programa de dobre titulación de Bacharelato e Baccalauréat -Bachibac- para o curso 2017/18.

Resolución do 9 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula a incorporación ao programa de dobre titulación de Bacharelato e Baccalauréat –Bachibac– en centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2017/18.

Finalizado o procedemento establecido na citada resolución, procédese a facer pública a relación de centros centros autorizados para a incorporación do programa Bachibac para o curso 2017/18, segundo o disposto na cláusula décimo segunda.

En consecuencia, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

RESOLVE:

Primeira. Autorizar os centros autorizados que se relacionan no anexo desta resolución para a incorporación do programa Bachibac.

Segunda. Contra esa resolución, que non esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2017

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO
Centros incorporados ao programa Bachibac

Código centro

Nome do centro

Localidade

Provincia

15026121

IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

Oleiros

A Coruña