Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38572

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2017 pola que se dá publicidade de varias encomendas de xestión aos medios propios Empresa de Transformación Agraria, S.A. e a súa filial Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., executadas durante o ano 2016.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encomendas coas seguintes características:

1. Resolución do 17 de decembro de 2015, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec), a realización do servizo de apoio administrativo ao FEMP 2014-2020 tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: traballos de apoio administrativo ao FEMP 2014-2020, mediante unha asistencia técnica na tramitación de axudas ao sector pesqueiro en Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2016 ata o 31 de decembro de 2017.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, aplicación orzamentaria 14.02.723A.604.1, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %, na medida 7: asistencia técnica.

2. Resolución do 17 de decembro de 2015, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec), a realización do servizo de apoio técnico para a implantación e desenvolvemento dun sistema de control e verificacións en relación ao cumprimento das intervencións comunitarias tramitado por anticipado de gasto.

– Actividade: traballos de apoio para a realización de controis de verificación dos sistemas e procedementos adoptados para garantir o cumprimento dos proxectos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servizos Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2016 ata o 31 de decembro de 2017.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, aplicación orzamentaria 14.02.723A.604.1, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %, na medida 7: asistencia técnica.

3. Resolución do 2 de febreiro de 2016, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., a realización, polo sistema de «administración» das obras do proxecto de «ampliación da actual lonxa da Illa de Arousa».

– Actividade: traballos de administración para as obras de ampliación da sala de poxas da lonxa da Illa de Arousa.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A. a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: máximo catro meses a partir da sinatura da acta de comprobación da implantación, que será asinada no prazo máximo dun mes contado desde a data da resolución.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, aplicación orzamentaria 14.03.514A.604.1, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %, no obxectivo 1.4: fomento da competitividade e a viabilidade das empresas do sector da pesca; medida 1.4.9: portos pesqueiros, lugares de desembarcamento, lonxas e ancoradoiros.

4. Resolución do 23 de setembro de 2016, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., a realización, polo sistema de «administración» das obras da memoria valorada de «construcións de vestiario e pequeno almacén na lonxa da Illa de Arousa (Pontevedra).

– Actividade: traballos de administración para as obras de construción de vestiario e pequeno almacén na lonxa da Illa de Arousa.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A. a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: máximo tres meses a partir da sinatura da acta de comprobación da implantación, que será asinada no prazo máximo dun mes contado desde a data da resolución.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, aplicación orzamentaria 14.03.514A.604.1, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %, no obxectivo 1.4: fomento da competitividade e a viabilidade das empresas do sector da pesca; medida 1.4.9: portos pesqueiros, lugares de desembarque, lonxas e ancoradoiros.

5. Resolución do 9 de agosto de 2016, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., a prestación do servizo de apoio técnico no deseño e programación de cursos de formación en acuicultura.

– Actividade: elaboración de guías metodolóxicas para os módulos formativos, na elaboración das presentacións didácticas, na organización e docencia dun curso de formación de formadores e a organización e docencia dun curso dirixido ao persoal do sector.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servizos Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: ata o 15 de decembro de 2016.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, aplicación orzamentaria 14.03.422K.604.1, código de proxecto 2016 00290, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %, na medida 2.5.1 desenvolvemento da formación profesional, de novas competencias profesionais e da formación permanente para a promoción do capital humano e do traballo na rede (artigo 50 do Regulamento FEMP).

6. Resolución do 4 de xaneiro de 2016, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., para a asistencia técnica na selección de estratexias de desenvolvemento local participativas no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca en Galicia.

– Actividade: apoio na implementación do Desenvolvemento Sustentable das Zonas de Pesca do FEMP 2014-2020, mediante unha asistencia técnica para o proceso de selección das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo e Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servizos Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: ata o 15 de decembro de 2016.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, aplicación orzamentaria 14.02.723A.604.1, código de proxecto 2016 00287, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %, na medida 7 do programa operativo FEMP (2014-2020).

7. Resolución do 30 de xuño de 2016, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., para a asistencia técnica para a prestación do servizo de apoio técnico para a realización do estudo das necesidades formativas do sector da acuicultura.

– Actividade: prestación dun servizo de apoio para a realización de estudo das necesidades formativas do sector da acuicultura. Para iso, asistirase, conforme o contido do prego de prescricións técnicas, á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, na súa calidade de organismo intermedio facultado para asumir as funcións na devandita materia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servizos Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: ata o 30 de setembro de 2016

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, aplicación orzamentaria 14.02.723A.604.1, código de proxecto 2016 00287, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %, na medida 7 do programa operativo FEMP (2014-2020).

8. Resolución do 15 de setembro de 2016, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., o asesoramento económico: revisión de datos económicos e técnicos, seguemento de indicadores e elaboración de informes relativos ás solicitudes de axudas xestionadas pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, o seguemento de indicadores e execución e o control destas no marco do Regulamento (EU) nº 508/2014 sobre o FEMP.

– Actividade: prestación dun servizo de asesoramento económico: avaliación da viabilidade técnica e económica dos proxectos presentados nas medidas 1.1.4 e 4.1.3, redacción de informes sobre a viabilidade, e existencia de actividade económica que poida estar afectada polo réxime de axudas de estado, seguimento de indicadores de resultado, estudos estatísticos, informes específicos en relación a variables descritivas, cuestións de índole social, informes anuais de seguimento e seguimento da execución e das actuacións realizadas polos beneficiarios nas medidas 1.1.4, 4.1.2 e 4.1.3.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servizos Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: ata o 31 de decembro de 2017.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 e para o ano 2017 na aplicación orzamentaria 14.02.723A.604.1, código de proxecto 2016 00287, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %, na medida 7 do programa operativo FEMP (2014-2020).

9. Resolución do 22 de abril de 2016, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., o servizo de tramitación de títulos habilitantes definitivos dos parques de cultivo de Carril.

– Actividade: prestación dun servizo de tramitación dos títulos habilitantes definitivos dos parques de cultivo de Carril, no procedemento de adxudicación destes.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servizos Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: ata o 30 de novembro de 2017.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 na aplicación orzamentaria 14.02.723A.604.1, código de proxecto 2016 00287.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2017

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar