Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2017 pola que se anuncia a licitación do contrato de subministración de dotación de equipamento e posta a punto do equipamento científico-tecnolóxico dos diferentes centros do Campus Industrial, financiado co convenio de colaboración entre esta universidade e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica-Sección de Contratación.

2º. Domicilio: Reitoría da Universidade da Coruña, r/ Maestranza, núm. 9, 1ª planta.

3º. Localidade e código postal: A Coruña-15001.

4º. Teléfono: +34 981 16 70 00 (extensións 1119, 1120).

5º. Telefax: +34 981 16 70 20.

6º. Correo electrónico: seccion.contratacion@udc.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.udc.gal/contratacionadministrativa

8º. Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

* Número de expediente: 2017/1016.

– Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: dotación de equipamento e posta a punto de equipamento científico-tecnolóxico dos diferentes centros do Campus Industrial. Lote 1: impresora láser multifunción, escáner, monitor táctil e sistema videoconferencia. Lote 2: brazo robótico de sete graos de liberdade tipo Cyton E300 ou equivalente. Lote 3: kit de bombeo foltovoltaico. Lote 4: analizador de redes trifásico, seis pinzas MN93A e once tarxetas de desenvolvemento modelo Nexys 4DDR. Lote 5: sistema Delta V.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si. (5 lotes).

d) Lugar de execución/entrega: Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social.

1º. Enderezo: r/ Dr.Vázquez Cabrera, s/n. Campus de Esteiro.

2º. Localidade e código postal: 15403 Ferrol.

e) Prazo de execución/entrega. Lote 1: 45 días naturais (d.n.). Lotes 2 e 5: 30 d. n. Lotes 3 e 4: 40 d.n.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura). Lote 1: 30121000-3, 30121420-3, 30231320-6, 32232000-8/32321200-1. Lote 2: 42997300-4. Lote 3: 09332000-5. Lote 4: 38434000-6, 31712114-2. Lote 5: 48150000-4.

– Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de clausulas administrativas particulares (PCAP).

- Valor estimado do contrato: 68.925,62 euros.

– Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 68.925,62 euros. Importe total: 83.400,00 euros.

– Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

– Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (de ser o caso): os que figuran no PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): os que figuran no PCAP.

c) Outros requisitos específicos: os que figuran no PCAP.

– Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: de luns a vernes, antes das 14.00 horas, do décimo quinto día natural, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o prazo finaliza en día inhábil, trasladarase ao día seguiente hábil.

b) Modalidade de presentación: a que figura no PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade da Coruña.

2º. Domicilio: Reitoría, r/ Maestranza, núm. 9.

3º. Localidade e código postal: A Coruña-15001

d) Admisión de variantes, se procede: especifícase no PCAP.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: especifícase no PCAP.

– Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura dos criterios non avaliables de forma automática (sobre B) e dos criterios avaliables de forma automática (sobre C).

b) Enderezo: Reitoría, r/ Maestranza, núm. 9.

c) Localidade e código postal: A Coruña-15001.

d) Data e hora:

1º. Apertura do sobre B: o quinto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas.

2º. Apertura do sobre C: a mesa de contratación comunicará, a través do perfil de contratante, o día e a hora en que terá lugar.

– Gastos de publicidade: serán por conta das empresas adxudicatarias a rateo.

A Coruña, 28 de xullo de 2017

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña