Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2017 Páx. 38866

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 17 de xullo de 2017 pola que se autoriza o cambio de domicilio por traslado de instalacións e a ampliación dunha unidade de educación especial ao centro privado de educación especial Bata-Os Mecos, de Vilanova de Arousa.

O representante da Asociación Bata solicita o cambio de domicilio por traslado de instalacións da Fontenla-Baión, de Vilanova de Arousa, á r/ Almirante Fontán, As Saíñas, Vilaxoán de Vilagarcía de Arousa. Tamén solicita a ampliación dunha unidade de educación especial no centro privado de educación especial Bata-Os Mecos, de Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Mediante a Resolución do 23 de setembro de 1997 (DOG do 23 de outubro) autorízase o mencionado centro para impartir tres (3) unidades de educación especial.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar o cambio de domicilio por traslado de instalacións e a ampliación dunha unidade de educación especial; o centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado de educación especial (CEEPR).

Denominación específica: Bata-Os Mecos.

Código do centro: 36019864.

Domicilio: r/ Almirante Fontán, As Saíñas, Vilaxoán.

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Asociación Bata.

Composición resultante:

Educación especial: catro (4) unidades.

Segundo. Para a posta en funcionamento da nova unidade que se autoriza, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria