Mediante a Orde do 3 de abril de 2017 (DOG do 19 de abril), a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais de alumnos e das asociacións de nais e pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2017.
Reunida a comisión prevista no artigo 11 da citada orde, de acordo coa proposta formulada por ela e de conformidade co artigo 12 da orde de referencia,
RESOLVO:
Primeiro. Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, ás confederacións, federacións de nais e pais de alumnos e ás asociacións de nais e pais de alumnos de centros de educación especial relacionadas no anexo I e excluír as relacionadas no anexo II a esta orde.
Segundo. Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Subdirección Xeral de Centros, Servizo de Xestión de Programas Educativos, antes do día 31 de outubro de 2017 a seguinte documentación:
a) A xustificación dos gastos realizados, mediante orixinais ou copias compulsadas de facturas, nóminas e outros documentos e a acreditación do seu pagamento. Non se admiten recibos como xustificación dos gastos.
b) Unha declaración actualizada do anexo II publicado na Orde do 3 de abril de 2017 (DOG do 19 de abril), pola que se convocan as axudas para o ano 2017.
Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Así mesmo, contra esta orde poderase recorrer potestativamente en reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2017
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO I
CIF |
Confederación/Federación/ANPA CEE |
Concello |
Importe (€) |
G15115165 |
Confapa (Confed. Galega APAS centros públi.) |
A Coruña |
8.950,30 |
G15098114 |
Congapa (Confederación Galega de APAS) |
A Coruña |
8.008,80 |
G70416557 |
Confederación Anpas galegas |
Santiago de Compostela |
9.012,30 |
G15042617 |
Federación provincial APAS centros públicos |
A Coruña |
5.668,73 |
G15089857 |
Fapa Federación provincial de ANPAS privados |
A Coruña |
1.697,73 |
G70366588 |
Federación centros públicos A Costa da Morte |
Carballo |
2.058,73 |
G27019140 |
Fapacel Federación provincial APAS centros públicos |
Lugo |
2.647,73 |
G27043389 |
Fapalugo Federación provincial APAS |
Lugo |
1.545,73 |
G32009037 |
Federación provincial APAS centros públicos As Burgas |
Ourense |
3.179,73 |
G36020311 |
Federación provincial ANPAS centros públicos |
Pontevedra |
4.490,73 |
G15543242 |
Fapa Federación comarcal Concepción Arenal |
Ferrol |
1.398,93 |
G70222195 |
Federación centros públicos Compostela |
Santiago de Compostela |
1.740,93 |
G15062839 |
Fecapa Federación Central de APAS |
Santiago de Compostela |
1.911,93 |
G36581841 |
Fesanpas Federación Estradense |
A Estrada |
1.227,93 |
V36358497 |
Federación ANPAS O Con |
Sanxenxo |
1.227,93 |
G36743946 |
Foanpas Federación ANPAS Olívica |
Vigo |
2.367,93 |
G36959658 |
Surgapa Federación ANPAS do Suroeste |
Vigo |
1.379,93 |
G15984990 |
APA CEE Ntra. Sra. del Rosario |
A Coruña |
1.010,00 |
G15412026 |
APA CEE Terra de Ferrol |
Ferrol |
1.010,00 |
G15747678 |
ANPA CEE Amicos |
Ribeira |
1.010,00 |
G15456908 |
ANPA A Barcia |
Santiago de Compostela |
1.010,00 |
G27159425 |
ANPA CEE Santa María |
Lugo |
1.010,00 |
G 32202798 |
ANPA CEE O Pino |
Ourense |
1.010,00 |
G32411084 |
ANPA CEE Ilustre Mestre |
Ourense |
1.010,00 |
V36130169 |
ANPA CEE Joaquina Otero |
A Guarda |
1.010,00 |
G36753895 |
APA La Ilusión del Valle Miñor CEE Juan María |
Nigrán |
1.010,00 |
G36152262 |
Aceesca APA CEE Santísimo Cristo del Amor |
O Porriño |
1.010,00 |
G36180768 |
APA CEE Juan XIII |
Pontevedra |
1.010,00 |
G36812063 |
APA CEE Saladino Cortizo |
Vigo |
1.010,00 |
G36682102 |
APA CEE San Rafael |
Vigo |
1.010,00 |
G36131027 |
APA CEE Dr. Fleming |
Vilagarcía de Arousa |
1.010,00 |
G36024941 |
APA CEE Os Mecos |
Vilanova de Arousa |
1.010,00 |
ANEXO II
Confederación/Federación/ANPA |
Concello |
Causas da desestimación |
ANPA Mosteiro de Caaveiro |
A Capela |
Non é unha ANPA dun CEE |
Federación de ANPAS Arco da Vella |
Moaña |
Non está rexistrada nesta consellería |