Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2017 Páx. 38935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 17 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai publica a declaración de impacto ambiental para o proxecto de ampliación dunha explotación avícola, sita no lugar de Don Xulián, no concello de Xinzo de Limia, promovido por José Luis Rodríguez Carrera (expediente 2016/0047).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 14 de xullo de 2017 relativa ao proxecto ampliación dunha explotación avícola, sita no lugar de Don Xulián, no concello de Xinzo de Limia (Ourense) promovido por José Luis Rodríguez Carrera.

Esta declaración pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmaot.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático