Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2017 Páx. 38971

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se fai pública a Resolución do 18 de xullo de 2017 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 367 do polígono 3, do termo municipal de Melide.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña autorizou, mediante a Resolución do 18 de xullo de 2017, o cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 367 do polígono 3, do termo municipal de Melide.

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado o 1.9.2016. O anuncio foi publicado no DOG núm. 190, do 5 de outubro.

A Coruña, 18 de xullo de 2017

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña