Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2017 Páx. 39220

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2017 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

A Estrada, 26 de xullo de 2017

(Artigo 2.p do Decreto 24/2010, do 25 de febreiro)
Ramón Quiroga Limia
Secretario xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO
Relación de convenios subscritos pola Agasp no 1º cuadrimestre do ano 2017

Asinantes

Obxecto

Data da sinatura

Achega total da Agasp

Anualidade 2017

Academia Galega de Seguridade Pública e a Deputación Provincial de Ourense

Formación continua do persoal da Seguridade Pública e das Emerxencias da provincia de Ourense

Prórroga

28.12.2016

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello da Coruña

Formación continua do persoal da Seguridade Pública e das Emerxencias do Concello da Coruña

Prórroga

30.12.2016

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello de Pontevedra

Formación continua do persoal da Seguridade Pública e das Emerxencias do Concello de Pontevedra

Prórroga

30.12.2016

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello de Ferrol

Formación continua do persoal da Seguridade Pública e das Emerxencias do Concello de Ferrol

20.2.2017

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello de Narón

Formación continua do persoal da Seguridade Pública e das Emerxencias do Concello de Narón

10.4.2017

Sen achega económica