Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2017 Páx. 39672

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de vixilancia e seguridade en diferentes centros dependentes desta xerencia (expediente AB-ASF1-17-002).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións.

c) Número de expediente: AB-ASF1-17-002.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade en diferentes centros dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

c) Lotes (se é o caso): lote único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 79714000-2 e 79710000-4.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Boletíns ou diarios oficiais e datas de publicación dos anuncios de licitación:

– DOUE 2017/S 045-083500, do 4 de marzo de 2017.

– BOE núm. 62, do 14 de marzo de 2017.

– DOG núm. 57, do 22 de marzo de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 3.944.500,00 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.840.000,00 €; IVE: 386.400,00 €. Importe total: 2.226.400,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 8 de xuño de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 1 de xullo de 2017.

c) Contratista: Security World, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

– Importe adxudicado sen IVE: 1.837.459,08 euros.

– Importe adxudicado con IVE: 2.223.325,48 euros.

Ferrol, 7 de xullo de 2017

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol