Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2017 Páx. 39626

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (923/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante a resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de José Antonio Álvarez Díez contra Comercial Xanquei, S.L., Servizo Público de Emprego Estatal e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, no procedemento de seguridade social rexistrado co número 923/2015, se acordou citar a demandada, Comercial Xanquei, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, situado na rúa Berlín, s/n, sala de vistas 3, planta baixa; polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o día 30 de outubro de 2017, ás 10.30 horas, co fin de celebrar os actos de xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é unha única convocatoria e de que os ditos actos non se suspenderán pola falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten ao seu dispor, na oficina xudicial deste xulgado, a cédula de citación, a copia da demanda, o decreto da súa admisión e as demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, deberá pór esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto do xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán mediante a fixación dunha copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir a forma de auto ou sentenza, ou cando se trate dun emprazamento.

Para que lle sirva de citación a Comercial Xanquei, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza