Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2017 Páx. 39623

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (966/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 966/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Martínez Domínguez contra Estructuras Cubafer, S.L., Axencia Estatal da Administración Tributaria, UTE Lavacolla, Copcisa, Landro Albañilería, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Peri, S.A.U., Construcciones Corsan Corviam, Tecnología de la Construcción, S.A., Deloitte Abogados, S.L., sobre seguridade social, ditouse sentenza o 27 de xuño de 2017, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos nº 966/2014, promovidos por instancia de Rubén Martínez Domínguez, representado e asistido polo letrado Sr. Castro Fernández, sobre recarga de prestacións por falta de medidas de seguridade e hixiene no traballo, fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social (en diante, o INSS) e a Tesouraría Xeneral da Seguridade Social (en diante, TXSS), representada e asistida pola letrada do INSS/TXSS, Sra. Guerra Díaz; Peri, S.A.U., representada pola procuradora Sra. Sánchez Silva e asistida polo letrado Sr. Navarro Ibiza; UTE Lavacolla, representada e asistida polo letrado Sr. Pertusa Pérez; Corsan Corviam Construcción; Tecnologías de la Construcción, S.A.; en calidade de administrador concursal Deloitte Abogados, S.L. e Axencia Estatal de Administración Tributaria; Copcisa, S.A.; a entidade Estructuras Cubafer, S.L., en calidade de administrador concursal Aticus Ocaña Martín; Landro Albañilería, S.L.; que non comparecen; dítase a presente resolución, con base nos seguintes

Decido que, desestimando a demanda interposta por Rubén Martínez Domínguez fronte ao INSS, a TXSS, Peri, S.A.U., UTE Lavacolla, Corsan Corviam Construcción, Tecnologías de la Construcción, S.A., en calidade de administrador concursal Deloitte Abogados, S.L. e a Axencia Estatal de Administración Tributaria, Copcisa, S.A., Estructuras Cubafer, S.L., en calidade de administrador concursal Aticus Ocaña Martín, e Landro Albañilería, S.L., absólvense as demandadas das pretensións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase, igualmente, ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta a nome desta oficina xudicial, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso. No caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Estructuras Cubafer, S.L., Landro Albañilería, S.L. e Tecnologías de la Construcción, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza