Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2017 Páx. 39640

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 13 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de ampliación dunha explotación de gando vacún de leite, no concello de Trazo, promovido pola SAT Fincas Mariño número 1.108 XUGA (clave 2016/0127).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 12 de xullo de 2017 relativo ao proxecto ampliación dunha explotación de vacún leiteiro, sita no lugar de Viaño Grande, no concello de Trazo (A Coruña), promovido pola SAT Fincas Mariño nº 1.108 XUGA.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático