Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2017 Páx. 39643

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 18 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de valorización de cinzas voantes para a fabricación de formigón no polígono industrial de Narón (clave 2017/0013).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 12 de xullo de 2017 relativo ao proxecto de valorización de cinzas voantes para a fabricación de formigón no polígono industrial de Narón, promovido pola empresa Hormigones Carral, S.L.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmaot.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático