Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2017 Páx. 39519

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ORDE do 4 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2017.

De acordo co disposto no artigo 148.1.11 da Constitución, en virtude do establecido no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía de Galicia, esta comunidade autónoma ten competencia exclusiva en materia de conservación da natureza.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ten atribuída a competencia na conservación, protección, uso sustentable, mellora e restauración do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, segundo o establecido no Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en relación co Decreto 116/2015, do 4 de outubro, polo que se modifica a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e co Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia.

As poboacións dalgunhas especies silvestres están ocasionando que con máis frecuencia as colleitas agrícolas, os aproveitamentos forestais e a produción gandeira se vexan afectados negativamente. Para evitar estes danos é necesario poñer en marcha un conxunto de medidas que permitan protexer no posible os cultivos e as producións máis sensibles.

En todo caso, considérase conveniente protexer os cultivos agrícolas e as producións gandeiras naqueles lugares en que as características do medio se mostran especialmente propicias para que tales producións sexan afectadas.

O réxime xeral das axudas e subvencións nas administracións públicas establécese nas disposicións básicas da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. No nivel regulamentario a norma principal constitúea o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Esta orde cumpre coas exixencias da citada normativa.

En virtude do anterior, en concordancia co disposto no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía e en uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

ACORDO:

Artigo 1. Obxecto e principios

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas titulares de explotacións agrícolas e/ou gandeiras afectadas polos ataques de especies de fauna silvestre (lobo e xabaril), coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o cal se incentivará a adquisición de elementos preventivos dos danos que poidan ocasionar estas especies, e proceder á súa convocatoria para o ano 2017 (procedemento MT809D).

2. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos. Así mesmo, resultarán de aplicación os preceptos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 2. Actuacións subvencionables

1. Ao abeiro desta orde, subvencionarase:

a) Para a prevención de danos ocasionados polo lobo: a adquisición de cans para a protección e defensa do gando, de pastores eléctricos e de cerrumes de malla electrificada cuxa adquisición se faga con posterioridade á publicación desta orde.

b) Para a prevención de danos ocasionados polo xabaril: a adquisición de pastores eléctricos cuxa adquisición se faga con posterioridade á publicación desta orde.

2. Non será obxecto de subvención:

a) O imposto de valor engadido (IVE).

b) O transporte dos materiais, a man de obra para a instalación e mantemento dos pastores eléctricos e todos aqueles que figuren no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como non subvencionables.

3. En todo caso, a contía da subvención non poderá ser nunca superior ao custo da actuación subvencionable.

Artigo 3. Persoas beneficiarias e requisitos

1. Para a prevención de danos ocasionados polo lobo, poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia, das especies de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta, equino, asnal e mular.

2. Para a prevención de danos ocasionados sobre producións agrícolas polo xabaril, poderanse acoller a estas axudas:

a) As persoas físicas ou xurídicas que exercen a actividade agraria e estean inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), creado mediante o Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia e modificado pola disposición derradeira terceira do Decreto 125/2014, do 4 de setembro, polo que se regula en Galicia a venda directa de produtos primarios desde as explotacións á persoa consumidora final.

b) As explotacións agrarias destinadas ao autoconsumo.

3. As persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10.

Artigo 4. Adquisición de cans protectores e defensores do gando

1. Será subvencionable a adquisición de cans protectores e defensores do gando dunha idade inferior aos 4 meses das seguintes razas: mastín español, mastín do Pireneo, carea leonés e can de palleiro, así como os gastos da súa identificación, e a persoa interesada debe achegar a documentación relativa aos controis sanitarios realizados segundo a lexislación vixente, e a documentación acreditativa da identificación do animal e a súa inscrición no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e de Animais Potencialmente Perigosos (Regiac), de acordo co establecido no Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros galegos de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos e de Adestradores Caninos.

2. Estas axudas poderán cubrir a totalidade do custo de adquisición dos cans protectores e defensores do gando, así como os gastos da súa identificación. O número de animais subvencionables por explotación estará en función do número de reses da explotación gandeira e pode subvencionarse un máximo dun can protector e defensor do gando por rabaño de ata 60 reses de gando menor ou 15 reses de gando maior, ata un máximo de dous cans por explotación, cando se supere este número de reses.

4. O importe máximo das axudas non excederá 500 euros por can.

Artigo 5. Adquisición de pastores eléctricos

1. As axudas relativas á adquisición dos pastores eléctricos poderán cubrir a totalidade do seu custo de adquisición, ata un máximo de 3 pastores eléctricos por persoa beneficiaria.

2. A contía máxima da axuda por explotación será de 600 euros.

3. O importe máximo das axudas para a adquisición de pastores eléctricos será de 150 euros por pastor eléctrico alimentado por batería ou conectado á rede eléctrica, e de 350 euros por pastor eléctrico cuxa batería se alimente con panel fotovoltaico.

4. O número de pastores eléctricos que poderá subvencionarse por explotación gandeira ou agraria asignarase de acordo co seguinte:

a) No caso dunha explotación gandeira de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta, equino, asnal e mular, en función do número de reses de gando maior e menor con que conte a explotación:

Núm. de reses de gando menor

Núm. de reses de gando maior

Núm. de pastores eléctricos

De 1 a 50

De 1 a 20

1

De 51 a 100

De 21 a 50

2

Máis de 100

Máis de 50

3

b) No caso dunha explotación agraria; en función da superficie da explotación:

Superficie

Núm. de pastores eléctricos

Menor ou igual a 20 hectáreas

1

De 21 ata 40 hectáreas

2

Máis de 40 hectáreas

3

c) Para persoas propietarias de explotacións agrícolas destinadas ao autoconsumo, establécese un máximo dun pastor eléctrico por persoa beneficiaria.

5. Os pastores eléctricos que se adquiran deben cumprir, como mínimo, coas seguintes características técnicas:

• Enerxía mínima de saída de 2 joules.

• Alimentación mediante batería ou rede eléctrica.

• Se a batería se alimenta mediante panel fotovoltaico, este será como mínimo de 10 watts.

• Tensión mínima de saída de 8 kV.

Artigo 6. Adquisición de cerrumes móbiles de malla electrificada

As axudas concedidas poderán cubrir a totalidade do custo da adquisición de mallas electrificadas móbiles.

A contía máxima da dita axuda será de 100 euros por malla de 50 m, ata un máximo de 8 mallas por explotación e terán que cumprir as especificacións que figuran no anexo I desta orde.

Artigo 7. Solicitudes

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
(https://sede.xunta.gal).

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas e as persoas representantes delas.

Se algunha das persoas interesadas que estea obrigada a presentar a súa solicitude a través de medios electrónicos presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica opcionalmente poderán presentar as solicitudes en soporte en papel nos rexistros das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

2. A solicitude de axuda segundo o anexo II desta orde (procedemento MT809D) inclúe as seguintes declaracións da persoa solicitante:

a) Declaración do total das solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas.

b) Declaración de conta para a transferencia bancaria.

c) Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendentes de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Declaración do título xurídico que posúe para a utilización do terreo en que se aplicarán as medidas de prevención dos danos, no caso de explotacións agrarias de autoconsumo.

Artigo 8. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións informativas coa cidadanía e entidades», cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio/Secretaría Xeral Técnica; Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña) ou a través dun correo electrónico a
sxt.mot@xunta.gal

Artigo 9. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. Xunto coa solicitude de axuda (anexo II desta orde) presentarase a seguinte documentación:

• No caso de explotacións agrarias de autoconsumo deberá acreditarse a titularidade da explotación a través de calquera dos medios de proba admitidos en dereito.

• Se a persoa titular é unha persoa xurídica, acordo do órgano competente desta polo que se aprobou a solicitude desta axuda.

• Cando se actúe en nome doutra persoa física ou xurídica, deberase acreditar a representación con que se actúa e, ademais, o acordo dos/das partícipes para solicitar a subvención. Cando se trate dunha comunidade de bens, ademais acreditarase que o acordo foi tomado pola maioría dos seus membros e o réxime de participación de cada un deles na dita comunidade.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica opcionalmente poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non estean obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os seguintes datos en poder das administracións públicas:

a) Consulta do DNI/NIE da persoa solicitante.

b) Consulta do DNI/NIE da persoa representante (se for o caso).

c) Consulta do NIF da entidade solicitante para as persoas xurídicas.

d) Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias (AEAT).

f) Estar ao día no pagamento coa Xunta de Galicia.

g) Consulta da inscrición no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia, no caso de explotacións gandeiras.

h) Consulta do censo gandeiro da explotación referido a unha data posterior á da entrada en vigor desta orde de axudas, obtido da base de datos da aplicación informática da Consellería do Medio Rural, no caso de explotacións gandeiras.

i) Consulta da inscrición no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, no caso de explotación agrarias.

j) Consulta das referencias Sixpac das parcelas en que se aplicarán as medidas de prevención subvencionadas, unicamente no caso de explotacións agrarias dedicadas ao autoconsumo.

k) Consulta da superficie agrícola que foi subvencionada polas axudas da política agraria comunitaria (PAC) do ano 2016, de ser o caso.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado na solicitude e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Segundo o establecido no artigo 48.j) da Lei 1/2017, do 8 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, referente á simplificación do cumprimento das obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma, a Administración do Estado e a Seguridade Social, a obriga de presentar a certificación que acredite o cumprimento das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e de non ter pendentes de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma poderá ser substituída pola declaración responsable de estar o día no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma no caso das axudas que se concedan con carácter de compensación ou indemnización.

Artigo 11. Transparencia e bo goberno

De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Artigo 12. Notificación

As resolucións expresas de aprobación ou de denegación notificaranse ás persoas interesadas seguindo os criterios dos artigos 41 a 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións, mediante un correo electrónico dirixido á conta de correo que conste na solicitude para os efectos de notificación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar en todo caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 13. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes de axuda será dun mes, contado a partir da data de entrada en vigor desta orde.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 14. Criterios para a concesión da axuda

Para a concesión das axudas establécense os seguintes criterios de valoración, por orde de preferencia.

• No caso de solicitudes de axudas para a prevención de danos ocasionados polo lobo:

1. Titulares de explotacións gandeiras que non recibiron axudas polos mesmos conceptos en convocatorias de anos anteriores: 10 puntos.

2. Existencia de danos ocasionados polo lobo na explotación gandeira entre o 1 de outubro de 2014 ata o 30 de setembro de 2016, que foran avaliados favorablemente pola Comisión de Valoración establecida na orde anual pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos por esta especie: 20 puntos, incrementándose en 0,5 puntos por cada un dos danos sufridos neste período, ata un máximo de 5 puntos.

3. Localización da explotación gandeira: outorgaranse 10 puntos a aquelas explotacións localizadas nalgún dos concellos indicados no anexo III desta orde.

4. Número de cabezas de gando:

• Gando maior:

– Máis de 10 cabezas: 4 puntos.

– Máis de 20 cabezas: 10 puntos.

– Máis de 50 cabezas: 20 puntos.

• Gando menor:

– Máis de 30 cabezas: 6 puntos.

– Máis de 60 cabezas: 12 puntos.

– Máis de 100 cabezas: 25 puntos.

No caso de explotacións mixtas de gando maior e menor a puntuación resultante será o sumatorio dos puntos obtidos polo número de cabezas de gando maior e menor.

A concesión das axudas realizarase mediante a comparación das solicitudes presentadas, de acordo cos criterios de valoración anteditos, e adxudicarase, cos límites fixados na convocatoria dentro do crédito dispoñible, a aquelas que teñan obtido maior valoración en aplicación dos citados criterios, ata esgotar o dito crédito.

En caso de empate na puntuación obtida, este resolverase tendo en conta a valoración no criterio número 1. De persistir o empate, atenderase á cualificación no criterio número 2. Se continúa a igualdade, dirimirase o empate a favor da solicitude que acredite un maior número de cabezas de gando.

• No caso de solicitudes de axuda para a prevención de danos ocasionados polo xabaril:

1. Solicitantes que non recibiron axudas polos mesmos conceptos en convocatorias de anos anteriores: 20 puntos.

2. Explotacións agrícolas que estean comprendidas, total ou parcialmente, nalgún dos concellos indicados no anexo IV da presente orde: 20 puntos.

3. Superficie total xestionada pola explotación agraria inscrita no Reaga:

– Menor ou igual a 20 hectáreas: 5 puntos.

– Máis de 20 a 40 hectáreas: 10 puntos.

– Máis de 40 hectáreas: 20 puntos.

4. Explotación agraria destinada ao autoconsumo: 3 puntos.

A concesión das axudas realizarase mediante a comparación das solicitudes presentadas, de acordo cos criterios de valoración anteditos, e adxudicarase, cos límites fixados na convocatoria dentro do crédito dispoñible, a aquelas que teñan obtido maior valoración en aplicación dos citados criterios, ata esgotar o dito crédito.

En caso de empate na puntuación obtida, este resolverase tendo en conta a valoración no criterio número 1. De persistir o empate, atenderase á cualificación no criterio número 2. Se continúa a igualdade, dirimirase o empate a favor da solicitude que acredite unha maior superficie xestionada pola explotación agraria.

Artigo 15. Tramitación

1. As solicitudes remitiranse á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. O Servizo de Caza e Pesca Fluvial examinará e revisará a documentación acompañante que se especifica no artigo 9 desta orde.

2. No caso de que fosen detectados erros ou omisións, requirirase a persoa interesada para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de recepción do requirimento, emende ou complete a solicitude, coa indicación de que, se non o fai así, se terá por desistido da súa petición logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido nos artigos 42, 43, 45 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os citados requirimentos de emenda poderanse facer ben a través de notificación individualizada ben mediante publicación no Diario Oficial de Galicia ou na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a cal producirá os mesmos efectos que a devandita notificación.

3. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, en calquera fase do procedemento anterior á proposta de resolución poderase requirir á persoa solicitante que achegue a información e documentación complementaria que se considere conveniente para a correcta definición, avaliación e comprobación da solicitude presentada.

4. O Servizo de Caza e Pesca Fluvial emitirá informes á Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas para que esta continúe coa súa tramitación.

5. Unha vez recibidos os informes do Servizo de Caza e Pesca Fluvial, a Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, como órgano instrutor, realizará as propostas de resolución das solicitudes realizadas á Dirección Xeral de Patrimonio Natural ata esgotar o crédito consignado para o efecto.

6. En ningún caso se concederán aboamentos á conta ou pagamentos anticipados.

Artigo 16. Resolución e recursos

1. De conformidade co establecido no artigo 7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a competencia para a concesión das axudas reguladas nesta orde corresponde á persoa titular da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. A resolución que poña fin ao procedemento será motivada con suxeición ao establecido nas bases reguladoras desta orde.

2. O prazo máximo para resolver será de tres meses desde a presentación da solicitude de axuda. Transcorrido o prazo sen que se ditase resolución expresa, as persoas solicitantes poderán entender desestimada a súa solicitude, nos termos previstos no artigo 25 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. A resolución ditada, segundo o disposto no número 1 deste artigo, poñerá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no prazo dun mes a partir da notificación da resolución, ou ben impugnala directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses se a resolución for expresa, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 17. Aceptación da axuda concedida

O outorgamento da subvención debe ser aceptado pola persoa beneficiaria no prazo máximo de dez (10) días desde a súa notificación, coas condicións específicas recollidas nesta orde. No caso de que a persoa beneficiaria non comunique a súa aceptación dentro do prazo indicado, considerarase que se entende tacitamente aceptada a axuda concedida.

Artigo 18. Compatibilidade

As axudas previstas nesta orde serán compatibles con outras subvencións de calquera outra Administración pública para as mesmas finalidades, sempre que cando a suma das subvencións concedidas non supere o importe total dos gastos conforme o establecido no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 19. Rexistro Público de Subvencións

1. A concesión das axudas para a prevención dos danos que ocasiona o lobo e o xabaril reguladas nesta orde serán obxecto de inscrición no Rexistro Público de Axudas, Subvencións, Convenios e de Sancións dependente da consellería de Facenda, co fin da ordenación e coñecemento da actividade subvencional en Galicia.

2. As persoas interesadas terán, en calquera momento, o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos que figuren no Rexistro Público de Subvencións, de conformidade co establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

3. A solicitude para ser persoa beneficiaria de axudas para a prevención dos danos que ocasiona o lobo e o xabaril incluídas nesta orde levará implícita a autorización, no suposto de que se lle conceda a axuda solicitada, para a inscrición no Rexistro Público de Axudas, Subvencións, Convenios e de Sancións dependente da Consellería de Facenda dos datos facilitados á Xunta de Galicia na solicitude. Non obstante, as persoas solicitantes poderán denegar expresamente o seu consentimento á inscrición dos seus datos no Rexistro Público de Subvencións cando concorran algunha das circunstancias previstas na alínea d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Artigo 20. Xustificación do gasto

1. Con carácter xeral, e salvo que a resolución de concesión da axuda dispoña o contrario, o prazo para xustificar o remate das actividades e o pagamento dos conceptos correspondentes a elas finalizará o día 10 de outubro de 2017. Porén, poderase conceder, por petición xustificada da persoa interesada realizada antes da finalización do prazo establecido, sempre que non se prexudiquen dereitos de terceiros, unha ampliación do prazo de xustificación das axudas, que non excederá a metade do prazo inicialmente previsto.

2. Para a xustificación do investimento obxecto de axuda, a persoa beneficiaria deberá presentar a seguinte documentación:

a) Solicitude de pagamento segundo o anexo V.

b) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos, así como acreditar, de ser o caso, o disposto no artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia. Esta memoria axustarase ao modelo do anexo VI.

c) Unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento, segundo o modelo do anexo VII.

d) Facturas orixinais ou copias compulsadas delas xunto cos extractos de contas ou certificacións bancarias debidamente identificados, selados e asinados pola persoa beneficiaria, de xeito que quede acreditada a efectiva realización dos pagamentos.

3. Vista a documentación presentada, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural fará, de ser o caso, proposta de pagamento da subvención concedida.

Artigo 21. Modificación das actividades subvencionadas

Calquera modificación que se pretenda realizar nas actividades aprobadas, tanto no referente ao orzamento aprobado como ás distintas partidas que o compoñen, requirirá a aceptación expresa e previa da directora xeral de Patrimonio Natural, por delegación da conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Para tal efecto, realizarase unha proposta de modificación xustificada, que se deberá presentar con quince días hábiles de anticipación á súa realización.

Artigo 22. Pagamento

1. O pagamento corresponderase co importe da subvención aprobada. Excepcionalmente, por resolución da persoa titular da dirección xeral, poderá subvencionarse só unha parte dos gastos aprobados, sempre que se xustifique documentalmente o motivo de non ter realizado o total do gasto e que a parte executada constitúa unha unidade operativa independente.

2. Non poderá realizarse o pagamento da subvención en tanto a persoa beneficiaria non se encontre ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e teña pendente de pagamento algunha débeda coa Administración pública da comunidade autónoma ou sexa debedora por resolución de procedencia de reintegro, de acordo co disposto no artigo 31.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. No momento da xustificación da execución total do proxecto, con anterioridade ao pagamento, a persoa beneficiaria deberá presentar unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes.

Artigo 23. Crédito

As axudas concedidas ao abeiro desta orde serán financiadas pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio con cargo á aplicación orzamentaria 07.03.541.B.770.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, ata un importe de cento oitenta mil euros (180.000 €) para as medidas de prevención de danos á gandaría e cento vinte mil euros (120.000 €) para as medidas de prevención de danos á agricultura, para o exercicio orzamentario, sen prexuízo de que, unha vez atendidas todas as solicitudes para cada liña de actuación, poida utilizarse o posible orzamento sobrante nunha delas para atender solicitudes na outra.

O dito importe inicial poderá incrementarse con achegas adicionais despois da oportuna tramitación orzamentaria, axustándose ao disposto no artigo 31 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Artigo 24. Control das actividades subvencionadas

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio poderá, en calquera momento, inspeccionar e controlar o destino das axudas e o cumprimento dos fins para os cales foron concedidas. En consecuencia, os servizos da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio poderán solicitar, en calquera momento da tramitación do procedemento, canta documentación se considere necesaria para comprobar a adecuada execución das actividades que fosen obxecto das axudas, consonte o establecido no artigo 30.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 25. Disposicións xerais

1. O réxime de infraccións e sancións aplicable será o establecido no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co disposto no artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. As persoas beneficiarias están obrigadas a someterse ás actuacións de comprobación e control que poidan efectuar os servizos competentes da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, así como a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, así como a que lles requira calquera órgano comunitario de inspección ou control, de acordo co establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Procederá a revogación das axudas concedidas, así como o reintegro total ou parcial das contías percibidas e a exixencia dos xuros de demora, de acordo co establecido no artigo 36 da Lei 9/2007, citada, nos casos e termos previstos no artigo 33 da mesma lei.

Disposición adicional primeira. Delegación de competencias

Autorízase expresamente a persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural para actuar por delegación da persoa titular da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar e dispoñer gastos, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos, en relación co disposto no artigo 73.a) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Así mesmo, deléganse na persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural as facultades relativas aos procedementos de reintegro sinaladas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento do establecido nesta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2017

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANEXO I

1. Emprego de cerrumes:

A instalación de cerrumes con malla electrificada é outro dos métodos utilizados para evitar que os depredadores accedan ao gando.

Os animais que tocan os arames condutores do cerrume reciben unha pequena descarga eléctrica. Esta experiencia desagradable é aprendida e así conséguese que non intenten achegarse de novo ao cerrume.

Un cerrume electrificado instálase rodeando a parcela ou superficie en que se atopa o gando durante o día ou cercando os currais onde pasa a noite. Os cerrumes electrificados desmontables permiten cambiar a súa situación en función das necesidades do gando.

As mallas electrificadas teñen que ter as seguintes especificacións:

– Altura mínima: 90 cm.

– Lonxitude mínima: 50 m.

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III
Concellos con ataques do lobo constatados sobre o gando e producidos
entre o 1 de outubro de 2015 e o 30 de setembro de 2016

Concello

Aranga

Arzúa

Boimorto

Boiro

Boqueixón

Capela, A

Carballo

Cerceda

Cesuras

Curtis

Dumbría

Fisterra

Frades

Irixoa

Laracha, A

Lousame

Mazaricos

Melide

Mesía

Monfero

Negreira

Ordes

Oroso

Pino, O

Porto do Son

Ribeira

Santa Comba

Santiago de Compostela

Sobrado

Teo

Toques

Touro

Trazo

Vilasantar

Vimianzo

Abadín

Alfoz

Antas de Ulla

Baralla

Becerreá

Begonte

Carballedo

Castro de Rei

Castroverde

Chantada

Corgo, O

Cospeito

Folgoso do Courel

Fonsagrada, A

Friol

Guitiriz

Guntín de Pallares

Incio, O

Lugo

Mondoñedo

Monterroso

Muras

Negueira de Muñiz

Ourol

Outeiro de Rei

Pantón

Paradela

Pastoriza, A

Pol

Riotorto

Sober

Taboada

Triacastela

Valadouro, O

Vilalba

Viveiro

Xermade

Allariz

Baños de Molgas

Blancos, Os

Celanova

Chandrexa de Queixa

Entrimo

Lobeira

Lobios

Maceda

Manzaneda

Melón

Mezquita, A

Montederramo

Nogueira de Ramuín

Parada de Sil

Pobra de Trives, A

Ramirás

San Xoán de Río

Sarreaus

Teixeira, A

Vilar de Barrio

Vilariño de Conso

Xinzo de Limia

Xunqueira de Espadanedo

Agolada

Cañiza, A

Cerdedo-Cotobade

Covelo

Crecente

Cuntis

Estrada, A

Forcarei

Fornelos de Montes

Lalín

Moraña

Rodeiro

Silleda

Vila de Cruces

ANEXO IV
Concellos con maior probabilidade de incidencia de danos

A Arnoia

A Cañiza

A Estrada

A Gudiña

A Pobra de Trives

A Rúa

A Teixeira

Abadín

Abegondo

Agolada

Alfoz

Allariz

Ames

Antas de Ulla

Aranga

Arteixo

Baiona

Baña, A

Baralla

Beade

Becerreá

Begonte

Bergondo

Boborás

Boiro

Boqueixón

Bóveda

Brión

Bueu

Cabana de Bergantiños

Caldas de Reis

Camariñas

Cambados

Cambre

Campo Lameiro

Cangas

Capela, A

Carballeda de Avia

Carballeda de Valdeorras

Carballedo

Carballo

Cariño

Carnota

Carral

Castrelo de Miño

Castrelo do Val

Castro Caldelas

Castro de Rei

Castroverde

Catoira

Cedeira

Cee

Celanova

Cenlle

Cerceda

Cerdedo-Cotobade

Cerdido

Cervantes

Cervo

Chantada

Coirós

Corgo, O

Coristanco

Cortegada

Cospeito

Cotobade

Covelo

Crecente

Culleredo

Cuntis

Curtis

Dodro

Dozón

Dumbría

Ferrol

Folgoso do Courel

Fonsagrada, A

Forcarei

Fornelos de Montes

Foz

Frades

Friol

Gondomar

Guitiriz

Guntín de Pallares

Incio, O

Irixoa

Lalín

Laracha, A

Larouco

Laxe

Leiro

Lousame

Lugo

Malpica de Bergantiños

Manzaneda

Mañón

Marín

Mazaricos

Meaño

Meira

Meis

Mesía

Miño

Moaña

Moeche

Mondariz

Monforte

Monterrei

Mos

Muras

Muros

Muxía

Narón

Navia de Suarna

Neda

Negreira

Neves, As

Nigrán

Nogais, As

Nogueira de Ramuín

Noia

O Barco de Valdeorras

O Bolo

O Carballiño

O Porriño

O Saviñao

Oímbra

Oleiros

Ordes

Oroso

Ortigueira

Ourense

Ourol

Outeiro de Rei

Outes

Oza-Cesuras

Paderne

Padrenda

Padrón

Pantón

Parada de Sil

Pastoriza, A

Pazos de Borbén

Petín

Pino, O

Piñor

Pobra de Brollón, A

Pobra do Caramiñal, A

Ponteareas

Ponteceso

Pontecesures

Pontedeume

Pontes de García Rodríguez, As

Pontevedra

Portas

Porto do Son

Portomarín

Rábade

Rairiz de Veiga

Redondela

Rianxo

Ribadavia

Ribadeo

Ribadumia

Ribeira

Riotorto

Rodeiro

Rois

Rubiá

Sada

Salceda de Caselas

Salvaterra de Miño

San Amaro

San Cristovo de Cea

San Sadurniño

Santa Comba

Santiago de Compostela

Sanxenxo

Sarria

Silleda

Somozas, As

Soutomaior

Taboada

Teo

Toén

Tordoia

Touro

Trabada

Trazo

Val do Dubra

Valadouro, O

Valdoviño

Valga

Vedra

Verín

Viana do Bolo

Vicedo, O

Vigo

Vila de Cruces

Vilagarcía de Arousa

Vilalba

Vilamartín de Valdeorras

Vilanova de Arousa

Vilarmaior

Vimianzo

Viveiro

Xermade

Xove

Zas

missing image file
missing image file
missing image file