Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2017 Páx. 39665

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2017 pola que se anuncia a formalización do contrato do servizo para a evolución funcional e tecnolóxica do Sistema corporativo de información de nómina e recursos humanos (Breixo), mediante tramitación documentalmente simplificada e suxeita a regulación harmonizada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2017-007.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo para a evolución funcional e tecnolóxica do Sistema corporativo de información de nómina e recursos humanos (Breixo), suxeita a regulación harmonizada.

c) CPV: 72212000-4.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de la Unión Europea.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

1º. Diario Oficial de Galicia: 4.5.2017.

2º. Boletín Oficial del Estado: 29.4.2017.

3º. Diario Oficial de la Unión Europea: 26.4.2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: pluralidade de criterios.

4. Valor estimado do contrato: 675.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 675.000,00 euros

b) Importe total: 816.750,00 euros

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 28.6.2017.

b) Data de formalización do contrato: 20.7.2017.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 646.734,69 euros. Importe total: 782.548,97 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2017

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable