Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2017 Páx. 39606

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2017 pola que se dá publicidade á resolución de concesión das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Empresa Dixital e Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (Programa Re-accionaTIC), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Mediante Resolución conxunta do 14 de outubro de 2016 publicouse o acordo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aprobou as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Empresa Dixital e Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (Programa Re-accionaTIC), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG núm. 204, do 26 de outubro) e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

As ditas bases establecen no seu artigo 7.5 que, con carácter xeral, non se enviarán notificacións postais e a notificación individual será substituída pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da resolución de concesión do 17 de xullo de 2017 da Dirección Xeral da Amtega, correspondente á cuarta convocatoria das axudas para os servizos de Empresa Dixital e da resolución de concesión do 4 de agosto de 2017 da Dirección Xeral do Igape, correspondente á cuarta convocatoria das axudas para os servizos de Industria 4.0, do Programa Re-accionaTIC, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, no enderezo www.tramita.igape.es («Consulta de resolucións definitivas» http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas).

Segundo. As resolucións do 17 de xullo de 2017 e do 4 de agosto de 2017 esgotan a vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderá interpoñer un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral da Amtega, no caso de servizos de Empresa Dixital, ou da Dirección Xeral do Igape, no caso de servizos de Industria 4.0, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica