Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 22 de agosto de 2017 Páx. 40185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a licitación do servizo de transporte de persoal e pequenos materiais entre distintos centros que a compoñen (expediente AB-EIP1-17-014).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: avenida de Vigo, 16.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4º. Teléfono: 986 88 51 33.

5º. Telefax: 986 88 58 85.

6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata a data límite do prazo de presentación das ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIP1-17-014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición: servizo de transporte de persoal e pequenos materiais entre distintos centros que compoñen a Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e desprazamentos a Vigo cando os medios propios non estean dispoñibles ou estean fóra de servizo.

c) División por lotes e número de lotes: lote único.

d) Lugar de ejecución: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

1º. Domicilio: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

2º. Localidade e código postal: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia da nomenclatura): 60100000-9.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, unicriterio e contratación documentalmente simplificada.

c) Criterios de adxudicación:

Oferta económica: ata 100 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 156.226,50 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 52.075,50 €.

b) Importe total: 57.283,05 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe da licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos especificos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso:

Solvencia económica e financeira. Criterio: bastará con que nun dos tres últimos exercicios se supere a contía anual de 52.075,00 € (sen incluír o IVE).

Solvencia técnica ou profesional. Criterio: o licitador considerarase solvente coa presentación de, polo menos, un traballo ou servizo de igual ou similar natureza dos que constitúen o obxecto do contrato, cuxos importes superen a contía anual de 26.075,00 € (sen incluír o IVE).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: antes das catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o devandito día coincida en festivo, finalizará o día hábil seguinte), ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

b) Modalidade de presentación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2º. Enderezo: rúa Loureiro Crespo, 2.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4º. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: procederase á apertura do sobre B dando lectura das propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: publicarase no perfil do contratante.

d) Data e hora: a data e a hora da apertura do sobre B publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (véxase o prego de cláusulas administrativas particulares).

Pontevedra, 14 de xullo de 2017

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés