Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 22 de agosto de 2017 Páx. 40155

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 4 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o trámite de audiencia na solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Bety, fracción terceira, número 5497.3.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Carballal de Rocas, S.L., co último enderezo coñecido en Mina Záculo, 24388 Lomba-Benuza (León), o trámite de audiencia na solicitude de concesión de explotación derivada de permiso de investigación Bety fracción terceira número 5497.3, desta provincia, xa que, intentada a notificación polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

No dito trámite de audiencia concédenselle dez (10) días para formular as alegacións e presentar as xustificacións e/ou documentos que considere oportunos, antes de ditar a proposta de resolución que proceda, consonte o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 4 de agosto de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo