Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 22 de agosto de 2017 Páx. 40191

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coles

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de dotacións (equipamentos privados de uso asistencial-fogar residencial e residencia) en Vilar.

Aprobado inicialmente o Plan especial de dotacións (equipamentos privados de uso asistencial-fogar residencial e residencia) en Vilar, tramitado por instancia de María Guadalupe Sampedro Casalta, en representación de Ourensenior, S.L., mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local do 26 de xullo de 2017, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do seu regulamento, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

Coles, 27 de xullo de 2017

Susana Rodríguez Rodríguez
Alcaldesa en funcións