Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 22 de agosto de 2017 Páx. 40195

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paradela

ANUNCIO do 28 de xullo de 2017 de aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno do Concello de Paradela, na sesión ordinaria celebrada o día 27 de xullo de 2017, adoptou o acordo de aprobación inicial da modificación de plan xeral de ordenación municipal (sen avaliación ambiental) por cambio de localización de dous ámbitos destinados a equipamentos no solo urbano de Paradela.

De acordo co establecido no artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese ao trámite de información pública o mencionado acordo durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da última publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia, para os efectos de que os interesados examinen o expediente e presenten as alegacións e reclamacións que consideren oportunas.

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. A duración da suspensión é de dous anos máximo contados desde a devandita aprobación, e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva da modificación do planeamento, tal e como se prevé na Lei 2/2016.

As áreas afectadas pola suspensión son as seguintes:

– Quedan suspendidas as licenzas no ámbito identificado como Q-80 (plano 2) e a parcela de referencia catastral 7358302PH1375N0001FP.

Paradela, 31 de xullo de 2017

José Manuel Mato Díaz
Alcalde presidente