Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2017 Páx. 40328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2017 pola que se fai pública a formalización dun contrato de subministración por lotes, non suxeito a regulación harmonizada (expediente 3/2017/CNTSU).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

«Subministración, sucesiva e por lotes, de equipamento de caixas para produtos pesqueiros da nova lonxa de Ribeira».

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Dirección.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Clave do expediente: 3/2017/CNTSU.

e) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=156978

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: administrativo de subministración, por lotes.

b) Descrición do obxecto: subministración, sucesiva e por lotes, de equipamento de caixas para produtos pesqueiros da nova lonxa de Ribeira.

c) Lotes. Lote 1: caixas verdes; lote 2: caixas brancas.

d) Medios de publicación do anuncio de adxudicación: perfil de contratante.

e) Data de publicación do anuncio de adxudicación: 26 de xullo de 2017.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: negociado sen publicidade (por razóns técnicas e motivos relacionados con dereitos de exclusiva, ex artigo 170.d) e 177.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público), e sistema unicriterio (prezo).

4. Valor estimado do contrato:

– Valor estimado total do contrato: 203.250,00 euros, IVE excluído.

– Valor estimado do lote 1: 106.875,00 euros, IVE excluído.

– Valor estimado do lote 2: 96.375,00 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto. Lote 1: 106.875,00 euros; lote 2: 96.375,00 euros.

Importe total. Lote 1: 129.318,75 euros; lote 2: 116.613,75 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación. Lote 1: 26 de xullo de 2017; lote 2: 26 de xullo de 2017.

b) Data de formalización do contrato. Lote 1: 2 de agosto de 2017; lote 2: 2 de agosto de 2017.

c) Contratista. Lote 1: Tepsa (Técnica de Envases Pesqueiros, S.A.); lote 2: FICP, Logística y Servicios, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: lote 1: 106.875,00 euros; lote 2: 96.375,00 euros. Importe total: lote 1: 129.318,75 euros; lote 2: 116.613,75 euros.

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: por resultaren as súas ofertas economicamente vantaxosas: lotes 1 e 2.

f) Tipo de ofertas adxudicatarias: solución base.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia