Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2017 Páx. 40286

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de restauración dos cubos XIX e LXXX da muralla romana de Lugo, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.1, actuación 6.3.1.1 Intervencións no patrimonio cultural (contratación documentalmente simplificada).

missing image file

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=151390

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 81, do 27 de abril de 2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: obras de restauración dos cubos XIX e LXXX da muralla romana de Lugo, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 368.770,46 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 28 de xullo de 2017.

b) Data da formalización do contrato: 3 de agosto de 2017.

c) Contratista: Restauraciones y Construcciones Luis J. Sánchez, S.A.

d) Importe de adxudicación: 310.135,96 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2017

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria