Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2017 Páx. 40309

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 27 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican os requirimentos de emenda de solicitudes relativos ao expediente BS626F27028006616R e un máis.

En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en uso da competencia atribuída á Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Lugo, intentada la notificación do requirimento de emenda de solicitudes no último domicilio das persoas interesadas sen que esta se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, presenten a documentación requirida no anexo co obxecto de emendar o seu expediente.

Transcorrido este prazo sen que se realice a dita emenda, as persoas interesadas teranse por desistidas das súas solicitudes –no caso de que sexa documentación indispensable para continuar coa tramitación do procedemento– despois de ditar a preceptiva resolución de acordo co establecido nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselles ás persoas interesadas que poden comparecer persoal ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Lugo; Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración; rolda da Muralla, 70, das 9.00 ás 14.00 horas, para teren coñecemento do contido dos seus expedientes.

Lugo, 27 de marzo de 2017

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Interesado

DNI/NIE

Nº de expediente

Documentos

Cristian Amorín Sayín

39468003A

BS626F27031/0066/16

D.3, D.7

Khalid Makram

X6456535K

BS626F27028/0303/16

D.5, D.10

Documentación requirida

Descrición do requirimento

D.1

Declaración responsable

D.2

Acreditación documental dos ingresos das persoas con obriga legal de prestar alimentos

D.3

Certificado de empadroamento

D.4

Movementos bancarios

D.5

Certificación bancaria

D.6

Copia do contrato de alugamento en vigor

D.7

Copia do/dos DNI en vigor

D.8

Autorización expresa para a consulta de datos

D.9

Orzamento dos gastos para os cales se solicita a axuda

D.10

Acreditación dos medios de subsistencia

D.11

Copia cotexada do recibo do IBI