Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2017 Páx. 40313

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 3 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica o escrito do 9 de xuño de 2017 relativo á primeira venda de produtos pesqueiros dos cales non sexa obrigada a súa primeira venda en lonxa da batea Exp Martínez Torres; loc.: Caramiñal-B-134 (expediente 490/2006).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o escrito do 9 de xuño de 2017 relativo á primeira venda de produtos pesqueiros dos cales non sexa obrigada a súa primeira venda en lonxa por medio do presente anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

O interesado poderá comparecer nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 2º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do escrito e constancia de tal coñecemento.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2017

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

DNI/NIF/NIE

Establecemento afectado

Acto que se notifica

Enderezo

490/2006

José Martínez Torres

78780348N

Batea Exp Martínez Torres; loc: Caramiñal-B-134

Escrito do 9 de xuño do 2017 relativo á primeira venda de produtos pesqueiros dos cales non sexa obrigada a súa primeira venda en lonxa.

r/ Gasset, 10, 3º D, 15940 A Pobra do Caramiñal, A Coruña