Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2017 Páx. 40469

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 7 de agosto de 2017 pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento administrativo sancionador do expediente 12-38-17-02.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante LPAC), notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador por presunta infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado por Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que, a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción e, en virtude do disposto no artigo 39.1.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, que aproba o regulamento de Portos de Galicia, é o director do ente público.

De acordo co artigo 64.2.f) da LPAC, dispón dun prazo de quince (15) días, contado desde o día seguinte ao da publicación deste acordo, para formular alegacións e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretenda valerse, ante o instrutor, citando o número de expediente.

Así mesmo, e con anterioridade ao trámite de audiencia, poderanse formular alegacións e achegar os documentos que se consideren convenientes.

De non efectuarense alegacións no prazo antes mencionado, este acordo, por aplicación do establecido no artigo 62.2.f) da LPAC será considerado proposta de resolución.

De recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, resolverase o procedemento coa imposición da sanción que proceda.

Poderá procederse ao pagamento voluntario da multa cunha redución do 20 por cento sobre o importe da sanción proposta mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), usando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria; o pagamento reducido comporta a renuncia a formular alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución, e a imposibilidade de interposición de recurso en vía administrativa.

Por outra parte, dispón dun prazo máximo de dez (10) días contado desde a publicación do presente acordo, para, no caso de que non fose vostede o condutor do vehículo na data e hora da denuncia, proceder á súa identificación, indicando o seu nome, apelidos e documento nacional de identidade, así como o domicilio para efectos de notificacións, respondendo persoalmente, cando non sexa posible a dita notificación por causa que lle sexa imputable, e igualmente cando se oculte información, ou a facilitada sexa falsa ou deliberadamente incorrecta.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2017

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 12-38-17-02

O-6113-BX

Garda Civil

José Pillado Rivas

Lg. Freixeiros, s/n, Edificio Colegial EsteiroI

15250 Muros (A Coruña)

Estacionamento prohibido.

7.6.2017

10.45 horas

Muros (A Coruña)

Artigo 306.1.a) do Real decreto lexislativo 2/2011, TRLPEMM.

Artigos 17 e 64 da Orde ministerial do 12.6.1976

Artigo 312 do Real decreto lexislativo 2/2011, TRLPEMM

90 €