Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2017 Páx. 40422

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (269/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 269/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Sánchez Vilariño contra Pezetace, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Auto

A Coruña, 19 de xullo de 2017

Parte dispositiva

Procede a emenda do erro material advertido, de maneira que na resolución da sentenza, onde di: «112.702,31 euros», debe dicir: «12.702,31 euros».

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Así o pronuncia, manda e asina Javier López Cotelo, maxistrado xuíz do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña.

Para que sirva de notificación en legal forma a Pezetace, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir a forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza