Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2017 Páx. 40480

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial do sector 5 Mesoiro (expediente 631/2016/89).

En cumprimento do disposto no artigo 82.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e no artigo 199.2, do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da lei anterior, infórmase de que o Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o 5 de xuño de 2017, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o documento denominado “Modificación puntual do Plan parcial do sector 5 Mesoiro. Documento para aprobación inicial. Novembro 2016”, redactado pola oficina técnica municipal de Planeamento e promovido polo Concello da Coruña.

Segundo. Ordenar a dilixencia do documento aprobado co selo da aprobación definitiva.

Terceiro. Realizar os trámites previstos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia; artigos 199 e 212 do Decreto 143/2016, Regulamento para o desenvolvemento da lei anterior, e Orde do 10 de marzo de 2017 pola que se establecen os modelos normalizados de solicitudes para a inscrición de datos no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, na procura da entrada en vigor do documento aprobado.

Cuarto. Notificarlles este acordo aos titulares catastrais, aos departamentos municipais de Xestión do Solo, Licenzas e Disciplina Urbanística, Sección de Patrimonio Urbanístico, oficina do SIX de Planeamento e á Área de Infraestruturas».

Medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente.

Á vista da Resolución do 14 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula o informe ambiental estratéxico, dedúcese que a modificación puntual aprobada non produce efectos ambientais negativos no seu contorno, polo que non cómpre adoptar ningún tipo de medidas.

A documentación íntegra da modificación do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) aprobada, poderase consultar no enderezo electrónico www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe «planeamiento/planeamiento vigente», ou ben, desde a mesma web, a través do «Visor Estado Desarrollo PGOM 2013».

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 30 de xuño de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2015)
Xiao Varela Gómez
Tenente de alcalde da Área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda