Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 28 de agosto de 2017 Páx. 40716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 9 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-RI-0059/2015-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-RI-0059/2015-PPM.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulgue oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 9 de agosto de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Interesada

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-RI-0059/2015-PPM

Silvia Pena Romano

52930791V

Proposta

Listres, 1, 11 F, Aguiño-Ribeira