Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 28 de agosto de 2017 Páx. 40731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de agosto de 2017 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/31/2016-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 23 de maio de 2017, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/31/2016-RP1 en relación coas obras realizadas en solo rústico consistentes na execución dunha construción de planta baixa, formada por dous corpos con cubertas independentes e con semisoto e na execución dunha soleira, que conforman un conxunto coas características propias dun uso residencial, levadas a cabo na parcela 2505 do polígono 80, no lugar de Líncora, no concello de Chantada.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a José Manuel Otero Castiñeiras e Rocío Méndez Rodríguez, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao día seguinte desta publicación.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince (15) días contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística