Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 28 de agosto de 2017 Páx. 40749

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO de licitación do contrato da obra de reforma da pista de atletismo da Raña.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Marín.

a) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Secretaría.

b) Número de expediente: 247/2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo de obras.

b) Descrición: reforma da pista de atletismo da Raña, en Marín, a través dun convenio de cooperación coa Secretaría Xeral para o Deporte.

c) División por lotes: non.

d) Admisión de melloras: non.

e) Lugar de execución: Marín.

f) Prazo de execución: tres (3) meses.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de adxudicación.

c) Criterios de adxudicación (cláusula 19 do PCAP):

– Oferta económica: ata 80 puntos.

– Redución do prazo de execución (expresado en días naturais): ata 10 puntos.

– Incremento do prazo mínimo de garantía (expresado en anos): ata 10 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 309.720,57 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe sen IVE: 309.720,57 €. Importe total: 374.761,89 € (IVE incluido).

6. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE). c) Complementaria: non se exixe.

7. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.concellodemarin.es. Información: a) Teléfono: 986 88 03 00. b) Fax: 986 88 20 13. c) Enderezo: avenida de Ourense, s/n, 36900 Marín.

8. Clasificación: non se exixe.

9. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocios. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: certificacións ou documentos que acrediten a boa execución de contratos de obras similares aos do obxecto do contrato executados, como máximo, nos dez últimos anos. Indicaranse importe, datas e destinatario público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos dez anos xustifican ter realizado traballos similares aos do obxecto do contrato cuxo importe, en conxunto, sexa igual ou superior ao prezo do contrato.

10. Presentación de proposicións: a) Prazo: vinte e seis (26) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no último dos boletíns en que apareza (DOG ou BOP). b) Documentación que hai que presentar: véxase a cláusula 15ª do prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Marín, avenida de Ourense s/n 36900 Marín, ata as 13.30 h do último día de prazo.

11. Apertura de proposicións: a) Lugar: Casa do Concelo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

12. Outras informacións: véxanse os pregos reguladores da contratación.

13. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario ata os 1.000 euros.

Marín, 4 de agosto de 2017

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa