Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 28 de agosto de 2017 Páx. 40754

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO de licitación para a contratación da subministración para o Museo de Enoloxía do Condado do Tea.

Mediante Decreto de Alcaldía do 3 de agosto de 2017, iniciouse o expediente de contratación seguinte:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Salvaterra de Miño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: contratación da subministración para o Museo de Enoloxía do Condado do Tea.

c) Prazo de execución do contrato: trinta (30) días naturais.

3. Tramitación: urxente.

4. Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

5. Base ou tipo de licitación.

O orzamento que servirá de base de licitación ascende a 306.941,40 euros, que inclúe os tributos que graven a execución do contrato. Este prezo inclúe o 21 % do IVE, que ascende a 53.270,82 euros, e ten carácter limitativo, e non poderá superarse en ningún caso.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención de documentación e información.

Concello de Salvaterra de Miño, Praza da Constitución, nº 1 (36450).

Páxina web http://concellodesalvaterra.org. Poderán obter documentación e información ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

Teléfonos: 986 65 81 26/986 65 80 82. Fax: 986 65 83 60.

8. Presentación de ofertas.

As proposicións para tomar parte na licitación presentaránse de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas, no Rexistro de Licitacións (Secretaría Xeral) do Concello de Salvaterra de Miño, durante os 40 días naturais contados a partir do envío deste anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE). Se o último día do prazo é sábado ou día inhábil, o prazo rematará o inmediato día hábil seguinte.

Os pregos de cláusulas admnistrativas e técnicas serán publicados no perfil do contratante do Concello de Salvaterra de Miño. Poderá publicarse, así mesmo, aquela outra información ou documentación que sexa necesaria ou conveniente.

9. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 4 de agosto de 2017.

Data límite de presentación das ofertas: 13 de setembro de 2017.

10. Criterios de adxudicación: son os establecidos na cláusula 13ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Documentación que hai que presentar: véxanse as bases que rexen o contrato.

12. Apertura de proposicións: o día de apertura de proposicións fixarase no perfil de contratante ou taboleiro de anuncios do concello cunha antelación de, cando menos, 2 días ao da súa celebración.

13. Gastos de publicidade: por conta do contratista adxudicatario.

Salvaterra de Miño, 4 de agosto de 2017

Marta Valcárcel Gómez
Alcaldesa accidental