Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 1 de setembro de 2017 Páx. 41385

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2017, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se adxudican cinco bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas, convocadas mediante a Orde do 2 de xuño de 2017 (ED110A).

A Orde do 2 de xuño de 2017 (DOG núm. 106, do 6 de xuño) establece as bases e anuncia a convocatoria -en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade- de cinco bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados noutras tantas universidades de fóra de Galicia.

Logo de ver a proposta de resolución definitiva de adxudicación das ditas bolsas de formación e a certificación, remitidas ambas as dúas pola subdirectora xeral de Política Lingüística en cumprimento do establecido no artigo 16.2 da antedita orde, acompañadas da acta da comisión de valoración constituída ao abeiro do artigo 15.5 da referida orde e da resolución definitiva de admitidos e excluídos, este secretario xeral, en uso das facultades que lle son expresamente delegadas en virtude da disposición adicional única da Orde do 2 de xuño de 2017,

DISPÓN:

Artigo 1

Adxudicar as bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas dos centros de estudos galegos localizados nas universidades que se especifican, coas condicións establecidas na orde da convocatoria e polo período que se indica, ás persoas relacionadas no anexo I.

Artigo 2

Aceptar, polo motivo especificado, a desistencia da súa solicitude das persoas que se relacionan no anexo II.

Artigo 3

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o/a titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificados pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2017

O secretario xeral de Política Lingüística
P.S. (Resolución do 9.8.2017)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Adxudicación das bolsas de formación

Destino

Apelidos e nome

NIF

Período

Universidade do Algarve

López Arias, Patricia

53195583X

1.10.2017 a 30.9.2020

Universidade de Estremadura

Vidal Fonseca, Guillermo

45861463S

1.9.2017 a 31.8.2020

Universidade de Granada

Fernández Lorenzo, Marisa

34882939N

1.10.2017 a 30.9.2020

Universidade Complutense de Madrid

Cousillas Pena, Paula

47401010B

1.10.2017 a 30.9.2020

Universidade de Padua

Serantes Blanco, Santiago

44092139N

1.10.2017 a 30.9.2020

ANEXO II
Relación de desistidos

Apelidos e nome

NIF

Motivo

1

Estefanía Martínez Pardiñas

35580455F

Non presentarse á fase de exposición e defensa do proxecto didáctico (artigo 12.4)